Consellos e recomendacións para a renovación de DNI, Pasaportes e documentación para estranxeiros

Debido á actual pandemia polo COVID-19 e á aplicación de Real Decreto polo Estado de Alarma, a Policía Nacional quere facer chegar aos cidadáns unha serie de instrucións e consellos para axilizar os trámites de Expedición ou Renovación de D.N.I., Pasaportes e documentación para estranxeiros.

D.N.I. e Pasaportes

A cita previa para o D.N.I. debe solicitarse nesta páxina ou na seguinte ligazón., xa que non se atenderá a ninguén sen cita previa, salvo que sexa unha urxencia debidamente acreditada, para o que haberá que chamar antes ao teléfono 986820277.

O horario de atención ao público será de mañá de luns a venres de 09:00 a 14:30 horas, e de tarde de luns a xoves de 16:00 a 19:00, e haberá que acudir co importe exacto para cada documento, isto é 12 € para o D.N.I. e 30 € para o Pasaporte, ademais da fotografía, e no caso de primeira expedición a partida literal de nacemento a efectos do D.N.I., así como o padrón municipal en caso de cambiar de dirección.

Rógase puntualidade xa que o aforo é limitado e o persoal de limpeza haberá de desinfectar o posto despois de cada expedición, separándose a entrada e saída para que os cidadáns non se crucen, contando para iso co inestimable apoio do persoal de seguridade de Comisaría.

A asistencia é sen acompañante, fóra dos menores de 14 anos e das persoas dependentes, polo que se roga a colaboración e paciencia de todos os cidadáns, á vez que se lembra que segue en vixencia a prórroga dun ano do pasado 17 de marzo, e con validez ata o 17 de marzo de 2021.

Documentación para estranxeiros

No caso de estranxeiros o sistema de cita previa activarase mañá martes día 2 de xuño, na seguinte ligazón para comezar a atender a quen así o solicitaron a partir do día 8 de xuño.

Do mesmo xeito que en D.N.I. a vixencia nos documentos de estranxeiros prorrogáronse por 6 meses.

Para calquera tipo de consulta, estas faranse a través do teléfono 986820281, non atendéndose a ninguén que acuda persoalmente se non ten cita previa.

Anuncios