Gondomar lembra aos veciños que as máscaras e luvas deben depositarse no contedor de residuos

O Concello de Gondomar lembra aos veciños e veciñas que aínda que as máscaras son, en maior parte, de papel, non hai que depositalas no contedor azul. O mesmo acontece coas luvas, que, a pesares de ser de materiais similares ao plástico (látex, nitrilo, goma, vinilo, etc.), non deben depositarse no contedor amarelo.

En ambos os dous casos hai que introducilos no contedor de fracción resto, ou de residuos, contedor gris. Así mesmo lembran que ao depositalos nos diferentes contedores de reciclaxe, isto contribúe á contaminación de todo o colector, algo que resulta moi complexo de xestionar unha vez que chega á planta de tratamento SOGAMA.

Se se trata de luvas e máscaras empregadas por persoas contaxiadas por Covid-19, o protocolo a seguir é outro, como xa se indicou anteriormente.

Anuncios