O Concello de Baiona instala tres bancos no CPI Cova Terreña

O Concello de Baiona vén de rematar a instalación de tres bancos no CPI Cova Terreña dentro da liña de colaboración que o Goberno local mantén aberta con todos os colexios do municipio e que busca dar resposta “a todas a necesidades que nos formulen os centros educativos do municipio e dentro das posibilidades do propio Concello”, sinala o alcalde de Baiona, Carlos Gómez.

Os tres bancos quedaron instalados no patio do Cova Terreña para uso do alumnado durante o tempo de recreo. Trátase “de tres elementos de polipropileno de alta calidade que, polas súas características, non precisa de mantemento”, explica o concelleiro de Vías e Obras, Óscar Martínez.

O seu acabado antigrafitti, tornillería de aceiro inoxidable e gran robustez, fainos idóneos para o espazo de espallamento dos nenos e nenas do CPI Cova Terreña.