Nigrán inicia as obras para renovar a rede de abastecemento da rúa Arquitecto Palacios en Panxón

O Concello de Nigrán, a través da concesionaria Aqualia, rematará nos vindeiros días as obras para renovar 260 metros da rede de abastecemento da rúa Arquitecto Palacios en Panxón (tramo entre as pistas de tenis de Gaifar e o Pavillón, nesta mesma marxe) e así liquidar definitivamente as constantes avarías na zona coa conseguinte perda de auga.

“Era unha intervención absolutamente necesaria porque pon fin aos constantes problemas de roturas na zona e ás fugas de auga, agradecemos a comprensión e a paciencia dos veciños neste tempo”, indica o alcalde, Juan González.

Paralelamente, Aqualia rematou a semana pasada a renovación de 33 metros da rede de colectores de saneamento da rúa Areosa (Praia América) que tamén excederan a súa vida útil provocándose constantes avarías.