A Entidade Local Menor de Morgadáns traballa para mellorar esta parroquia e a súa contorna para os seus veciños e para o resto de habitantes e visitantes de Gondomar que queiran gozar dela e coñecela.
Con este obxectivo recuperouse o Lago do Lapido, en Prado, espazo natural que nos últimos anos estaba esquecido. Tras unha serie de actuacións na zona logrouse adecuar o lugar converténdoo nunha área de recreo e lecer dotada de novas infraestruturas para o uso dos veciños e veciñas, que tamén poderán gozar do estanque recuperado e que agora loce cheo de vida.
O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, agradece e recoñece o gran esforzo que está a realizar o presidente da Entidade menor, Alfonso Misa, e o seu equipo na parroquia. O renovado Lago do Lapido completarase coa instalación de papeleiras, bancos e a mellora da iluminación, accións que acometerá o goberno de Gondomar.


