Detido un mozo de Gondomar por roubar nun establecemento no que traballara

A Garda Civil detivo a un mozo de 29 anos, veciño de Gondomar, como presunto autor dun delito de roubo con forza nun establecemento comercial no que estivera traballando.

As pescudas levadas a cabo polo Posto da Garda Civil de Gondomar, por mor da denuncia presentada polo propietario do establecemento, conclúen que o roubo se cometeu o pasado xoves. Para iso, o presunto autor, que se apropiou da recadación en metálico da caixa rexistradora, tivo que saltar o muro de peche e violentar unha xanela do local comercial.

As investigacións realizadas levaron á Garda Civil á identificación e detención do presunto autor que resultou ser un ex traballador da empresa.

O detido, que devolveu parte dos efectos subtraídos, foi posto en liberdade en sede policial, á vez que se lle notificou a obrigación de comparecer no Xulgado cando sexa requirido para iso.

As dilixencias instruídas foron remitidas ao Xulgado de Instrución de garda de Vigo.

Anuncios