
Os alumnos do Conservatorio Elemental de Música de Gondomar visitarán o Pergamiño Vindel o vindeiro 8 de novembro no Museo do Mar de Galicia. Con esta iniciativa o Conservatorio de Gondomar converterase no primeiro centro especializado en música de toda Galicia en visitalo Pergamiño, que contén sete cantigas de amigo compostas polo trobador do século XIII Martín Códax.
Durante o mes de outubro os alumnos do Conservatorio de Gondomar traballarán as pezas musicais escritas en notación medieval nas clases de linguaxe musical, educación auditiva e vocal, coro e orquestra. Un proxecto levado a cabo grazas á Concellería de Cultura, que involucrará a todos os profesores, alumnos, nais e pais do centro de toda a comunidade educativa.