Nigrán renova a rede de saneamento da rúa Areosa en Praia América

O Concello de Nigrán, a través da concesionaria Aqualia, vén de renovar 33 metros da rede de colectores de saneamento da rúa Areosa (Praia América) para liquidar definitivamente as constantes avarías na zona cun investimento de 17.000 €. Os anteriores tubaxes, de formigón de 400 mm, superaran a súa vida útil e rexistraban afundimentos e roturas de cotiá, polo que foron renovados por outros de PVC e de 500 mm, cos seus correspondentes pozos de rexistro. Unha vez rematada esta obra se procederá a asfaltar o firme en todo o ancho correspondente á zona na que se traballou.

O Concello lamenta as molestias ocasionadas aos veciños durante as obras, xa que debido á profundidade á que se atopaban os colectores foi preciso abrir unha gabia moi ancha para poder traballar con seguridade, o que demorou os traballos 15 días cos seus correspondentes cortes na estrada.

“Era unha obra absolutamente necesaria porque pon fin aos constantes problemas co saneamento na zona e agradecemos a comprensión e paciencia dos veciños neste tempo”, indica o alcalde, Juan González.