Baiona traballa na limpeza e acondicionamento de distintos puntos do casco urbano

Persoal do Concello de Baiona procede, dende o pasado luns 18 de maio, á limpeza e acondicionamento das rúas do casco urbano con vistas á entrada, o vindeiro luns, na Fase 2 do proceso de desescalada, que permite unha maior liberdade na mobilidade das veciñas e veciños.

Os traballos centráronse na zona dos Tendais e nas rúas Ramón y Cajal, Jerez de la Frontera, Marqués de Quintanar e Tomás Mirambell, coa finalidade de que presenten o mellor aspecto posible de cara a seu uso por parte da veciñanza.

A progresiva volta á denominada Nova Normalidade, sinala o alcalde de Baiona, Carlos Gómez, “permite que o Concello, ata agora en servizos mínimos e centrado na atención da cidadanía ante a situación creada pola COVID-19, poida ir retomando, pouco a pouco, estas labores habituais”.

Anuncios