Podemos Nigrán agradece a emisión en directo do pleno deste martes

Dende o Círculo de Podemos Nigrán queren agradecer ao Concello de Nigrán por atender a súa proposta e facer o pleno que ía celebrarse o luns, o martes, de xeito telemático. Non obstante, botan en falta difusión ou publicidade do mesmo na páxina do Concello, tanto antes da súa celebración como despois desta, xa que en YouTube pode verse en diferido.

Así mesmo, comparten a idea de Esquerda Unida de que este tipo de plenos deberían continuar facéndose, xa que son máis accesibles e favorecen á transparencia do Concello, ademais da participación da veciñanza que por calquera motivo non poida presentarse no Concello.

Anuncios