Anuncios
Ticker de novas

Primeiros trillizos do Hospital Álvaro Cunqueiro

Xa chegaron ao Cunqueiro os primeiros trillizos nados neste hospital. Lucas, Alberto e Teo viñeron ao mundo o pasado día 27 de marzo tras unha cesárea programada polo servizo de Xinecoloxía e Obstetricia, ás 34 semanas de xestación. Os bebés, que pesaron respectivamente 1,700, 2,080 e 2,300 quilogramos, se encontran ben aínda que pasarán un tempo nas incubadoras da Unidade de Neonatoloxia do Cunqueiro.

Os seus pais, Izaira Vicente e Noel Gómez, residen en Tomiño e xa teñen outra nena de 3 anos. Tratouse dun embarazo espontáneo, algo moi excepcional cunha incidencia de 1 entre 10.000 embarazos. Os últimos trillizos que naceron no CHUVI datan do ano 2015, no antigo Hospital Xeral.

Neste caso os bebés viñeron cun pan baixo o brazo xa que El Corte Inglés quixo colaborar coa familia na súa crianza nesta etapa. O director de Comunicación e Relacións Institucionais desta entidade, Pati Blanco, fíxolles hoxe entrega aos pais dunha doazón de cueiros e leite para os seus seis primeiros meses de vida.

Anuncios
error: Contido protexido