Podemos Nigrán considera que as máscaras para os veciños deberían enviarse por correo postal

Podemos Nigrán quere agradecer ao Concello o reparto de máscaras para a veciñanza, non obstante consideran que hai que buscar a forma de facelo o máis seguro posible para a cidadanía e non dar pasos en falso que nos fagan retroceder.

Para preservar a saúde da cidadanía, tanto das persoas receptoras de máscaras coma a das que as reparten, cren que sería mellor o envío destas por correo postal como os avisos ás persoas maiores dos servizos de axuda do concello durante este estado de alarma. Pois sería moito mellor evitar posibles aglomeracións que poñan en risco ás persoas voluntarias nas carpas, pensando deste xeito máis na súa protección e menos na propaganda electoralista repartindo casa por casa.