Anuncios
Ticker de novas

Julia López e Ana Belén Rodríguez e Rocío Menéndez proclámanse en Camos campioas de España de bolo celta

Este pasado fin de semana celebráronse nos campos de bolos da casa de cultura de Camos (Nigrán), os Campionatos de España femininos de bolo celta nas súas modalidades individual e por parellas. Participaron un total de 23 xogadoras das comunidades de Asturias e Galicia. Os resultados finais foron os seguintes:

CAMPIONATO DE ESPAÑA INDIVIDUAL
Campioa de España: JULIA LÓPEZ do club Xove de Xove (Lugo)
Subcampioa: PAULA LÓPEZ do club Portameán de Belesar-Baiona (Pontevedra)
3ª clasificada: SANDRA SUÁREZ do club Villatresmil de Tineo (Asturias)
4ª clasificada: ANA BELÉN RODRÍGUEZ do club Rega de Baiona (Pontevedra)
5ª clasificada: SALOMÉ CARDOSO do club Xove de Xove (Lugo)
6ª clasificada: DAVINIA DIOS do club Portameán de Baiona (Pontevedra)
7ª clasificada: CARMEN ROCA do club Xove de Xove (Lugo)
8ª clasificada: JENIFER LEA do club Estivada de Baiona (Pontevedra)

CAMPIONATO DE ESPAÑA POR PARELLAS
Campioas: ANA BELÉN RODRÍGUEZ e ROCÍO MENÉNDEZ, clubs Rega (Baiona) e Los Serenos de Tineo (Asturias)
Subcampioas: SANDRA SUÁREZ e SUSANA BARRERO, clubs Villatresmil e Occidente de Tineo (Asturias)
3ª clasificadas: JULIA LÓPEZ e INMA MENENDE, clubs Xove (Lugo) e L’Acabose de Tineo (Asturias)
4ª clasificadas: PAULA LÓPEZ e MARTA FERNÁNDEZ, clubs Portameán (Baiona) e Horizonte de Tineo (Asturias).
5ª clasificadas: CARMEN ROCA e BELÉN MEITÍN, club Xove (Lugo)
6ª clasificadas: JENIFER LEA e BLANCA LAGO, club Estivada (Baiona)
7ª clasificadas: SALOMÉ CARDOSO e NOEMÍ GONZÁLEZ, clubs Xove (Lugo) e L’Acabose de Tineo (Asturias)
8ª clasificadas: DAVINIA DIOS e VERÓNICA FERNÁNDEZ, clubs Portameán (Baiona) e Compastur (Asturias).

O próximo fin de semana celebrarase na localidade Asturiana de Tineo, o Campionato de España mixto por parellas, que pecha a tempada a nivel nacional.

Anuncios