Localizado en bo estado o septuaxenario desaparecido en Gondomar

O dispositivo de procura posto en marcha en Gondomar a primeira hora desta mañá localizou a primeira hora da tarde a Hilario Pérez, que permanecía desaparecido desde aproximadamente a 1:00 da madrugada, cando foi avistado por última vez mentres vía a televisión no seu domicilio na zona de Tercias, en Vilaza.

Segundo informou Protección Civil do Val Miñor, o home foi atopado en bo estado, con algún pequeno síntoma de hipotermia. “Puxémoslle bolsa térmica e o achegamos á ambulancia, e os técnicos trasladárono”.

No dispositivo de procura do septuaxenario, de 77 anos e con enfermidade de Alzhéimer, participaron máis dun centenar de efectivos da Garda Civil, Policía Local, Protección Civil do Val Miñor, familiares, amigos e veciños.

2020-05-08 - 96833278_1611764992332074_5701316245010251776_o