Gondomar require ao Sergas a realización de test do Covid-19 ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar

O Concello de Gondomar require ao Servizo Galego de Saúde a realización urxente de test PCR-COVID19 ás traballadoras do servizo municipal de Axuda do Fogar, dadas as características laborais que desempeñan.

O SAF de Gondomar, prestado pola empresa Atendo S.L. cun persoal de 19 persoas, atende a un total de 56 persoas no municipio, cubrindo algo máis de 2.180 horas mensuais, entre a atención no ámbito da dependencia (1893 horas/mes) e libre concorrencia (292 horas/mes).