A Xunta restablece o procedemento de admisión do alumnado nos centros educativos

No día de hoxe saíu publicada no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 5 de maio da CECOP pola que se restablece o procedemento de admisión do alumnado nos centros educativos. O prazo de presentación será do 11 ao 18 de maio e pódese cursar a solicitude a través da web https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/.

O CPI Cova Terreña estará aberto ao público para atender aquelas familias que desexen solicitar unha praza para alumnado de nova incorporación. Poden reservar quenda no 886 120 001. A documentación a achegar é:

  • Solicitude en caso de presentación física asinada polos dous proxenitores.
  • DNI do alumno/a e/ou libro de familia.
  • Certificado oficial do expediente académico, no seu caso.
  • Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, no seu caso.
  • Cando deneguen a consulta dos datos, copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar.

A formación de matrícula este ano será en xullo, do 1 ao 10, para todo o alumnado tanto novo como o que renova matrícula no centro.

Máis información na páxina web do centro.

Anuncios