O PP do Val Miñor entrega a Protección Civil máscaras infantís para repartir entre os cativos da comarca

Este sábado os voceiros do Partido Popular do Val Miñor, Paula Bouzós, Ángel Rodal, Carlos Abal e Mª José Pino, fixeron entrega de 1000 máscaras infantís confeccionadas por voluntarios da comarca a través do grupo #YoMePongoACoser, para o seu reparto entre os cativos da comarca, así como 200 máscaras para adultos. As máscaras están confeccionadas cun tecido exterior de Foliodrape (capa impermeable de polietileno e capa de material hidrofílico de polipropileno), un tecido intermedio de filtro de polipropileno (tecido sen tecer) e un tecido interno de algodón 100%. Na súa confección adóitanse todas as medidas de hixiene necesarias e recomendadas. Queren agradecer o gran esforzo e sacrificio do grupo de voluntarios #YoMePongoACoser que de xeito desinteresado puxéronse a coser máscaras dende o primeiro día, así como a diversas entidades comerciais que colaboraron coa entrega de parte dos materiais necesarios.

O Val Miñor conta con preto de 6.000 cativos entre os concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán, o que fai máis necesaria a distribución de máscaras xa que a pesar de que moitas veces o contaxio neste colectivo soe ser asintomático, si que son propensos a contaxiar aos demais, polo que calquera tipo de medida que se adopte é boa. De todo xeito, non polo mero feito de levar máscara teñen que obviarse outras medidas de prevención, todo o contrario, é moi importante explicar aos cativos que debemos manter as distancias sociais e que unha frecuente hixiene das mans é imprescindible. Protección Civil do Val Miñor encargarase da súa distribución entre os cativos da comarca e farano nos tres concellos unha vez desinfectadas con ozono.

O Partido Popular do Val Miñor volve pedir aos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán que adopten as medidas que presentaron nos respectivos concellos, como a eliminación ou redución dalgúns impostos, sobre todo aos comerciantes que se viron obrigados ao peche do seu negocio, o aumento das desinfeccións agora que comeza a saír máis xente das súas casas ou o aumento nas partidas de axuda ás persoas desfavorecidas. Instan ademais a que por parte dos concellos se execute a compra dunha partida de máscaras para o reparto a domicilio a todos os veciños, algo que dende o concello de Baiona e Nigrán comezaron a facer entre algún colectivo concreto da poboación.