Nigrán organiza nun só día nove “aniversarios de balcón” e unha voda simbólica

O Concello de Nigrán chegou onte á tarde aos 93 “aniversarios de balcón” celebrados desde o 2 de abril. Tamén celebrou a voda simbólica de Laura e Pablo, unha parella de Vigo residente en Panxón que tiña previsto o evento para este 30 de abril. O casamento coincidiu precisamente co día récord de aniversarios para o Concello, con 9 en total.

O alcalde de Nigrán, Juan González, ante a petición dos amigos para organizarlles unha sorpresa, asistiu como a todos os aniversarios con Protección Civil ás 18:30 horas á súa casa da rúa Jesús Espinosa, precisamente a hora á que estaba prevista a súa ligazón matrimonial, para entregarlles unha torta nupcial de parte das amizades e unhas flores de parte do Concello. Unha vez alí, ante uns emocionados noivos e cos amigos presentes na cerimonia a través dunha videoconferencia, oficiou simbolicamente o acto civil do casamento e entregoulles un acta de matrimonio simbólica.

O Concello continuará celebrando aniversarios para nenos e anciáns ata o 10 de maio, cando o desconfinamento se prevé maior.