Gondomar reabre os seus cemiterios con motivo do Día da Nai

O Concello de Gondomar reabre desde hoxe e indefinidamente os seus cemiterios con motivo do Día da Nai, seguindo as indicacións de seguridade e protocolo do estado de alarma. Así o ordenou o alcalde, Paco Ferreira, hoxe mesmo á Policía Local, para que dentro dunha orde e de acordo ás medidas establecidas, xa quen queira poida visitar e ir colocar flores, etc…, aos seus defuntos.