Propostas de Podemos Nigrán para a recuperación económica

O Círculo Podemos Nigrán expón que debido á situación actual por mor da pandemia do Covid-19 e da necesidade de incentivar o comercio local ou de proximidade, así como tamén da recuperación do impacto económico do Val Miñor, é conveniente a colaboración entre os tres municipios. Posto que durante o Estado de Alarma Sanitaria os sectores pesqueiro, agrícola e gandeiro sufriron unha diminución significativa dos ingresos pola baixa venda das súas materias primas, afectando economicamente aos seus únicos ingresos.

Por iso, a formación propón unha serie de medidas para toda a comarca, xa que afecta tanto ás familias que viven da pesca/marisqueo, leite, gandería e produción agrícola. Consideran que os concellos deben apoiar e protexer aos distintos sectores mentres non se recupera a situación normal, debido a isto e baseándose nas propostas da campaña #SOSCampesinado, solicitan:

1. Que na compra pública (centros de maiores, comedores escolares) e bancos de alimentos, agora máis que nunca, se prioricen os produtos locais, os das pequenas granxas e los agroecolóxicos, especialmente aqueles produtos procedentes dos sectores que resultaron máis prexudicados polo peche da hostalería.

2. Que con carácter de urxencia se deseñe un Programa de Dinamización do Pequeno Comercio e de proximidade que comezará a aplicarse de forma inmediata tras a finalización da actual crise do coronavirus. No deseño deste programa incluiranse actuacións como campañas promocionais, celebración de feiras gastronómicas, actividades artísticas e culturais, relatorios, xornadas e outras para a dinamización do sector de forma inmediata á finalización da crise. Exención do pago de taxas dos postos dos puntos de venda como feiras, mercados, prazas…

3. Que se comunique a importancia, agora máis que nunca, do papel fundamental das persoas produtoras e o pequeno comercio en alimentarnos e soster os nosos agroecosistemas, e polo tanto de consumir produtos o máis locais e frescos posible, así como a seguridade alimentaria dos mercados non sedentarios de proximidade e outras vías de venda directa. Mediante campañas publicitarias gratuítas a cargo das arcas municipais.

4. Expedición de axudas de carácter municipal para o mantemento dos postos de traballo de ditos traballadores e facilitación das concesións de rexistros sanitarios.

5. Que, con carácter de urxencia, se deseñe un Programa de Dinamización do Pequeno Comercio e de proximidade mediante:

• A. Creación dunha web para a venda e distribución dos seus produtos, fomentando ademais a formación de emprego, seguindo o modelo xa posto en marcha noutros concellos, coma Gondomar.

• Posta en marcha de campañas promocionais, celebración de feiras gastronómicas, actividades artísticas e culturais, relatorios, xornadas e outras para a dinamización do sector de forma inmediata.

• Que se realicen os trámites necesarios para aplicar adiamentos, bonificacións ou exencións en alugueiros públicos, impostos, taxas e prezos públicos ás persoas desempregadas e os pequenos e medianos establecementos que pechen durante a crise do coronavirus. Os adiamentos, bonificacións e exencións tributarias a PEMES condicionaranse á adopción de medidas de protección das traballadoras e traballadores. Así como a exención do pago de taxas dos postos aos puntos de venda do Mercado de Sabarís.

Finalmente, queren reiterar o seu agradecemento a todas e cada unha das persoas voluntarias que están a colaborar de diferentes xeitos aportando o seu gran de area para o beneficio da comarca en xeral.