Sin categoría

A residencia “Vila do Conde” de Gondomar mantense libre de coronavirus

O Centro Residencial “Vila do Conde”, situado na parroquia gondomareña de Vilaza, mantense libre do coronavirus. Segundo informou este mércores o alcalde, Paco Ferreira, todos os residentes e traballadores, que suman un total de 188 persoas, deron negativo despois de someterse aos test do Covid-19. O rexedor quixo destacar o “bo traballo” de todos, aos que agradece o seu “esforzo, profesionalidade e dedicación”.

O Concello de Gondomar intensificou os traballos de desinfección dos exteriores do edificio para evitar posibles contaxios e previr a propagación do coronavirus. As instalacións tamén foron desinfectadas dunha maneira máis exhaustiva e intensiva polo Rexemento de Defensa NBQ “Valencia” nº 1, unha das Unidades do Exército de Terra que está despregada na Operación Balmis contra o Covid-19.