Sin categoría

O Grupo de Apoio Val Miñor xa entregou preto de 10.000 máscaras na comarca

O Grupo de Apoio Val Miñor felicítase porque a súa iniciativa e colaboración coas costureiras de Baiona, Nigrán e Gondomar xa entregou preto de 10.000 máscaras.

Nestes momentos, a parte de todas as persoas voluntarias que colaboran, cosen e cortan sen descanso, destacan o agradecemento ás empresas, Concellos e ANPAS colaboradoras que fixeron doazóns en material e coa súa distribución aos mesmos, ademais de diversos comercios e persoas voluntarias. Algunhas das entidades doantes foron: asociacións como a do Centro Cultural O Torreiro de Priegue, Centro Cultural de Baíña, Mercería Corchete, senllos Concellos de Nigrán e Baiona, Estanco de Priegue, Panadaría Xulio, Supermercado Andrés, Estanco César, Protección Civil, as ANPAS dos colexios Chano Piñeiro e Peitieiros…

Desde o Grupo de Apoio Val Miñor dan as grazas a todos eles/elas porque debido a estas contribucións, puideron e seguen a repartir, máscaras gratuitamente a toda a cidadanía que a precisa durante a Alarma Sanitaria para todo o Val Miñor.

Para finalizar, queren mandar unha mensaxe de ánimo a toda a veciñanza porque o virus o pararemos entre todos.