O equipamento sanitario remitido polo Goberno á Xunta supera os 3,65 millóns de unidades

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, actualizou os datos de material entregado polo Ministerio de Sanidade á Xunta de Galicia desde o inicio do estado de Alarma. Nestas semanas, púxose ao dispor da sanidade pública de Galicia 3.651.349 unidades de equipamento sanitario.

Javier Losada detallou os conceptos destes envíos, onde as máscaras son o material con máis unidades entregadas alcanzando os 2.279.724 unidades. Séguenlle as luvas con 1.151.107 unidades entregadas. Completan os envíos 15.102 buzos, 9.538 solucións hidroalcohólicas, 9.286 batas, 6.942 lentes de protección, 83 dispositivos de ventilación mecánica non invasiva, 26 dispositivos de ventilación mecánica invasiva e 30.741 unidades doutro material como calzas, mandís, cubremangas ou gorros. Nestes días o Goberno completou ademais o envío de novos kit de diagnóstico rápido ata alcanzar as 148.800 unidades entregadas.

O delegado do Goberno lembrou que estes números vanse actualizando con novos envíos, que se adaptan á situación sanitaria que se vaia rexistrando. Sempre, dentro do compromiso de reforzar o Sistema Nacional de Saúde e apoiar á sanidade galega para levar a cabo a batalla contra o virus nas mellores condicións posibles.

ENTREGAS DE MÁSCARAS A OUTROS COLECTIVOS

Ademais das entregas á Xunta, Javier Losada lembrou que o Goberno puxo ao dispor de traballadores, colectivos sociais e profesionais das catro provincias máis de 600.000 máscaras. As Subdelegacións do Goberno foron as encargadas de xestionar as reparticións, para os que se contou con persoal propio, membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e policías locais e Protección Civil.