Anuncios
Ticker de novas

A Coral “Mistura Vocal” ofrece un concerto en Baiona

FOTO: CORAL MISTURA VOCAL

A Coral “Mistura Vocal” de Porriño ofrecerá este sábado día 1 de xullo un concerto na Capela de Santa Liberata de Baiona ás 20:45 horas, con entrada gratuíta.

Composto por unha trintena de cantores de todo o sur de Pontevedra, a Coral “Mistura Vocal” presentouse oficialmente no Nadal de 2014 aínda que leva funcionando como formación dende 2004 baixo o nome Grupo Vogal Santa Eulalia. Está dirixida por Aloia Martínez, profesional de recoñecida traxectoria.

A Concellaría de Cultura do Concello de Baiona apostou por esta actividade para que baioneses e visitantes poidan gozar das voces dos cantores da Coral “Mistura Vocal”, grupo que conta cun prestixioso recoñecemento e que leva anos celebrando concertos tanto ao longo da xeografía española así como portuguesa.

Anuncios