Sin categoría

Intervidas catro toneladas de cocaína e detidas 28 persoas nun golpe ao narcotráfico en Galicia

A Policía Nacional e a Axencia Tributaria, nunha operación conxunta, asestaron un novo golpe ao narcotráfico en Galicia coa detención de 28 persoas -15 tripulantes e 13 persoas en terra- e a aprehensión duns 4.000 quilos de cocaína. A operación permitiu desarticular a organización de narcotransportistas máis importantes de Galicia que, formada por experimentados lancheiros e coñecidos traficantes, poñíanse ao servizo das máis importantes estruturas de narcotráfico tanto a nivel nacional como internacional, sendo requiridos, presuntamente, para recoller cocaína en altamar cando fosen requiridos. A droga foi incautada a bordo dun buque con bandeira togolesa que foi abordado a máis de 300 millas das costas galegas. A investigación foi coordinada pola Fiscalía Antidroga de Pontevedra e dirixida polo Xulgado de Instrución número 3 de Vigo, contando coa colaboración da Armada Española, a Axencia Americana Antidroga –DEA-, a National Crime Agency británica –NCA- e a Policía de Colombia –DIRAN-.

Para a interceptación do barco contouse coa colaboración da Armada e o seu buque “Tornado”, con base en Canarias, no que embarcaron unha decena de funcionarios e axentes de Axencia Tributaria e do Grupo Especial de operacións (GEO) da Policía Nacional.

Organización máis importante de narcotransportistas en Galicia

A investigación comezou fai seis meses ao redor dun grupo, formado por experimentados lancheiros e coñecidos traficantes, que, presuntamente, ofrecíase ás distintas estruturas de narcotraficantes para recoller cocaína en altamar. O grupo investigado contaba cun gran número de lanchas e motores para tal labor, que gardaban en almacéns de seguridade distribuídos entre o norte de Portugal e diferentes localidades de Pontevedra.

Tras diversas xestións, os investigadores detectaron que o grupo investigado ultimaba certos detalles, como a construción de lanchas e pequenas embarcacións de pesca ou a provisión de combustible e víveres, Ademais constatouse que realizaban constantes movementos de lanchas rápidas para ocultalas nas naves das costas galegas, o que alertou de que se atopaban na última etapa de preparación antes de realizar unha operación de narcotráfico.

Dispositivos en alta mar e en terra

Nese momento, os investigadores centraron as xestións en localizar o barco nodriza que transportaba a droga, labor que contou coa excepcional colaboración da Axencia Americana Antidroga –DEA-, a National Crime Agency británica –NCA- e a Policía de Colombia –DIRAN-. Tras varias pescudas tívose coñecemento dunha embarcación con bandeira togolesa que, presuntamente, cargou a droga a principios de mes e levaba uns vinte días de travesía. A pasada fin de semana era interceptado a unhas 200 millas das costas de Galicia, logrando a incautación duns 4.000 quilos de cocaína e a detención dos seus 15 tripulantes -de Bangladesh e Nepal, coa presenza tamén a bordo dun cidadán galego-. Posteriormente, e grazas á colaboración da Armada Española, foi escoltado ata o Porto de Vigo.

Simultaneamente levouse a cabo un dispositivo en terra que culminou coa detención de 13 persoas en Galicia, varios deles con numerosos antecedentes por tráfico de drogas. Realizáronse 21 entradas e rexistros e interviñéronse cinco lanchas rápidas e numerosos vehículos.

A operación continúa aberta e non se descartan máis detencións.

🎥 VIDEO: Intervidas catro toneladas de cocaína e detidas 28 persoas nun golpe ao narcotráfico en Galicia.

Publicado por Valmiñortv.com – O diario dixital de Baiona, Gondomar e Nigrán en Martes, 28 de abril de 2020