Dende o Centro Cultural de Chaín atrevéronse a facer a segunda parte da curtametraxe “A vida nos tempos do coronavirus”, interpretada por dúas das compoñentes do seu Grupo de Teatro A Moura, Carmen Grandal e Nieves Paz.
Despois da boa resposta do público, que os comentarios foron moi bos, na súa maioría, mencionaban a falta que facía unha nota positiva e humorística dentro de tanto drama e malas noticias, e vendo que a cultura en directo vai ser unha das últimas en saír do confinamento, cren que vale a pena facer este traballo, pensado para facer feliz, aínda que sexa por un momentiño, a todos os que as queiran ver.
🎥 VIDEO: A vida nos tempos do coronavirus, 2ª parte.
Publicado por Valmiñortv.com – O diario dixital de Baiona, Gondomar e Nigrán en Sábado, 25 de abril de 2020

