ACEBA solicita información detallada á Xunta sobre a situación da pandemia en Baiona

FOTO: ACEBA // Reunión entre directivos de ACEBA e o alcalde, Carlos Gómez.

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona considera que para poder afrontar os novos retos que ten diante o comercio e a hostalería da vila é necesario saber en que situación atópanse Baiona e o Val Miñor ante a pandemia do Covid-19.

ACEBA mantivo unha reunión co Alcalde, Carlos Gómez, para abordar este e outros temas de interese para o colectivo empresarial e coincidiron no importante de poder ser coñecedores destes datos.

Por este motivo, ACEBA remitiu un escrito á Dirección Xeral de Saúde Pública, á atención de D. Andrés Paz-Ares Rodríguez, solicitando información sobre a situación do Covid-19 no Concello de Baiona no referente ao número de casos contaxiados, número de casos activos e en que situación atópanse, se illados nos seus domicilios ou hospitalizados.

“Esta información é de vital importancia para o noso colectivo, para saber en que situación atopámonos e como poder afrontar a previsible desescalada que teremos nas seguintes semanas. A información que podemos obter ata a actualidade é referente a toda a área sanitaria de Vigo na que estamos enmarcados. E non aparecen datos específicos de nosa Vila”, comenta Marcos Comesaña.

O presidente de ACEBA asegura que dispoñer de información “é de vital importancia para poder analizar e propoñer as medidas máis acertadas para poder afrontar a situación actual e poder marcar o camiño cara a unha pronta recuperación e activación do sector empresarial baionés”.