Sin categoría

Buscan a Ron, un braco alemán perdido en Baredo que precisa medicación

O pasado 6 de abril perdeuse en Baredo a pista de Ron, un braco alemán macho branco e marrón. Ten chip e lavaba un colar laranxa con placa identificativa e os números de teléfono. A súa propietaria, Patricia, está desesperada, “e a situación que estamos a vivir non facilita as cousas, xa que somos poucos a buscar e non todas as autoridades dan luz verde a saltarse a corentena por buscalo, polo que nos estamos arriscando a ter unha boa multa dependendo do axente que nos pare”.

De feito, a pesar de que un amigo xa ten unha multa, Patricia asegura que “non podo ficar na casa nesta situación, para min é de total necesidade, é un braco alemán que adoptei, está enfermo aínda por riba e precisa medicarse, é moi bo, demasiado, todo dozura. Non entendemos que piudo pasar. Ao día seguinte a perderse o viron por Chan da Lagoa, baixando pola estrada cara Baíña, e esa foi a única noticia que temos del dende entón, nada máis, ninguén viu nada, buscamos día e noite dende ese 6 de abril, non nos parece normal, polo que pensamos se alguén o terá retido nunha casa”.

Todo aquel que poida ter algunha información pode contactar nos teléfonos 986 355 966/ 686 975 336.

2020-04-23 - IMG-20200409-WA0023