O Monte Real Club de Yates apraza o Trofeo Repsol

FOTO: ROSANA CALVO // Segunda xornada Trofeo Repsol.

O Monte Real Club de Yates decidiu aprazar a unha data aínda por determinar o Trofeo Repsol – Regata de Primavera que se ía a disputar entre o 1 e o 3 de maio.

O aprazamento vén motivado pola situación xurdida por mor da crise sanitaria do Covid-19 e como consecuencia das restricións derivadas do Estado de Alarma, publicadas no Real Decreto 463/2020.

O artigo 10.3 do citado Real Decreto prohibe todo tipo de actividades deportivas e de lecer como “probas e exhibicións náuticas”, que inclúe todas as actividades referentes a regatas ou probas e exhibicións náuticas mentres dure o Estado de Alarma.

Desde o Monte Real Club de Yates lamentan enormemente esta situación pero entenden que é responsabilidade do club cumprir coas restricións ditadas polas autoridades para facer fronte a este problema de saúde mundial.

Anuncios