O IEM ofrece a través da rede o último número da súa revista

Un ano máis o IEM presenta a súa revista de estudos sobre o Val de Miñor. Sempre foi vontade do equipo directivo difundir na rede todos os traballos publicados na súa revista, vontade sempre adiada por limitacións propias do voluntariado. “Ante a situación extrema que estamos padecendo, pensamos que a difusión dos distintos estudos de REM 19 ben pode suscitar e agrandar o noso sentimento de veciñanza, imprescindible para os tempos que veñen e que esperan de nós a maior calidade humana”, sinalan.