Sin categoría

Doan 150 tablets en Galicia a residencias de maiores, discapacitados e centros de menores

O programa de educación dixital ProFuturo, impulsado por Fundación Telefónica e Fundación “la Caixa”, doou en Galicia 150 tablets que serán distribuídas pola Xunta de Galicia en residencias de maiores, menores e discapacitados, para facilitar a comunicación cos seus familiares.

A entrega das tablets —5.600 no conxunto de España— completarase nos próximos días. Forman parte do equipamento tecnolóxico que ProFuturo desprega nos 38 países de Latinoamérica, o Caribe, África e Asia, onde implementa o seu programa co obxectivo de achegar a educación dixital de calidade aos nenos e nenas que viven en contornas vulnerables. Ante a crise sanitaria e social xerada polo COVID19 en España, e en liña coa súa misión de axudar aos máis desfavorecidos, ProFuturo quere que parte deste material tecnolóxico quede no país e destínese á poboación máis necesitada.

Distribución de máis de 1.000 tarxetas SIM

Esta iniciativa súmase á distribución gratuíta en Galicia, posta en marcha por Telefónica en colaboración con Cisco e IBM, de 1.029 tarxetas SIM con voz e 40 Gbs de datos e destinadas a estudantes de Bacharelato e FP con poucos recursos, como unha maneira de axudarlles a sacarlle o maior partido posible ás ferramentas que facilitan o acceso a videoconferencias, material multimedia e material interactivo.

Sobre ProFuturo

ProFuturo é un programa de educación dixital posto en marcha por Fundación Telefónica e Fundación “la Caixa”, que ten como misión reducir a brecha educativa no mundo proporcionando unha educación dixital de calidade a nenos e nenas en contornas vulnerables de Latinoamérica, o Caribe, África e Asia. O seu obxectivo é proporcionar a mellor educación a 13 millóns de nenos en contornas vulnerables en 2020 e a 25 millóns en 2030.

A proposta educativa incorpora desenvolvemento profesional docente a través da formación, recursos dixitais e novas metodoloxías de ensino-aprendizaxe. Ademais, o programa ten vocación de acoller e promover a participación doutras empresas e institucións e aspira a crear unha gran rede internacional de docentes que ensinan, aprenden e comparten coñecementos para lograr, entre todos, unha educación mellor no mundo.

Desde o seu nacemento en 2016, ProFuturo chegou a 38 países, beneficiado a 10 millóns de nenos e nenas e formado a máis de 400.000 docentes.