Un mozo cospe na cara á Garda Civil cando o denuncian por non respectar o confinamento

A Garda Civil detivo a un mozo de 25 anos, de Vilanova de Arousa (Pontevedra), que lle cuspiu na cara a un dos axentes como consecuencia de ser sorprendido cando circulaba nun patinete eléctrico sen respectar a orde do confinamento do Covid-19.

Os feitos sucederon sobre as 18:00 do pasado venres, día 17, á altura do quilómetro 17,300 da PO-531, no termo municipal de Vilanova de Arousa, cando unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra sorprende a este mozo circulando en sentido contrario cun patinete eléctrico. Unha vez identificado dáse a fuga cuspíndolle na cara a uns dos axentes, no momento que estaba a ser notificado das infraccións que cometera: non respectar o confinamento e circular en sentido contrario co patinete dando resultado positivo indiciario en drogas.

Dúas horas máis tarde foi localizado no seu domicilio e procedeuse á súa detención como presunto autor de dous delitos de desobediencia grave á autoridade e axentes e contra a orde pública.

O Grupo de Información e Análise de Tráfico (GIAT) do Subsector de Tráfico de Pontevedra instruíu as dilixencias que, xunto co detido, foron entregadas no Xulgado de Instrución de garda de Vilagarcía de Arousa.