Ingresa en prisión un sextuaxenario por infrinxir reiteradamente o confinamento

A Garda Civil detivo a pasada semana en Cangas (Pontevedra) a unha persoa, de 64 anos, por incumprir reiteradamente incumprindo as medidas de restrición e confinamento establecidas polo Real Decreto 463/2020, polo que se declarou o estado de alarma para a xestión da crise sanitaria ocasionada polo Covid-19.

Trátase dunha persoa, sen domicilio fixo, que foi interceptada o pasado mércores por efectivos do Posto Principal da Garda Civil de Cangas, cando deambulaba errante pola rúa na parroquia de Darbo, que xa fora detectada na vía pública noutras catro ocasións sen xustificación algunha.

Como consecuencia das súas transgresións anteriores, foi sancionado administrativamente os días 4, 6 e 10 de abril por ser detectado a súa presenza na vía pública sen xustificación algunha e o día 12 de abril foi detido por ser detectado novamente e posto a disposición xudicial, polo que foi condenado en xuízo rápido á pena de catro meses de prisión.

Debido á súa pertinaz actitude de desobediencia ás normas que restrinxen a mobilidade das persoas pola crise sanitaria, que lle levou mesmo a abandonar de forma voluntaria o albergue que lle proporcionaban os servizos sociais de Vigo e tendo en conta que esta persoa viña desobedecendo reiteradamente as ordes dos axentes da autoridade con condutas en ocasións ofensivas, procedeuse novamente á súa detención como suposto autor dun delito de desobediencia grave á autoridade e os seus axentes.

O detido foi posto ao dispor do Xulgado de Instrución nº 1 de Cangas que decretou a súa prisión provisional comunicada e sen fianza.