Sin categoría

A Garda Civil intercepta a un ciclista con alcoholemia positiva

Efectivos do Destacamento de Tráfico da Garda Civil do Porriño interceptaron a un ciclista incumprindo a orde de confinamento e cunha alcoholemia positiva que duplicaba a taxa permitida.

Os feitos producíronse sobre as 21:00 horas do pasado venres, no quilómetro 0,500 da estrada local une as localidades de Atios e Torneiros no termo municipal do Porriño cando a patrulla do Destacamento de Tráfico desta localidade, aprecia como un ciclista circulaba de forma errática e sen casco de protección pola calzada. Ao darlle o alto percibiron un forte cheiro a alcol polo que o someteron ás probas de alcoholemia, dando resultado positivo con taxas de 0,66 e 0,67 mg/l respectivamente. Trátase dun veciño do mesmo municipio que xa fora denunciado anteriormente en circunstancias similares.

O ciclista, que no seu descargo alegou que se desprazaba para comprar tabaco estando o estanco pechado, foi denunciado administrativamente por circular sen casco e cunha alcoholemia positiva, ademais de incumprir as medidas de confinamento adoptadas tras a declaración do estado de alarma.