Aprazado o IV Enduro Serra do Galiñeiro

Mauro González.

Ante a actual crise sanitaria, social e económica, +enduro MTB, como organizadores do IV Enduro Serra do Galiñeiro ´20, informa a través dun comunicado oficial que se traslada a data inicial da carreira (31 de maio) ao 15 de novembro do presente ano 2020. A intención é seguir formando parte do circuíto de probas que compoñen a Copa de Galicia de Enduro BTT, aínda que non descartan cambiar o formato previsto, en canto a tramos, percorrido e servizos complementarios que viñan ofrecendo, que aínda que non eran obrigatorios, sempre estaban ao dispor dos participantes.

“Trataremos de sacar adiante unha carreira máis alcanzable, se cabe, para os corredores e a vez viable economicamente para que este ano non quede en branco, tanto para vós os corredores, como para nós como organización e club. Sen máis, desexamos que pasedes un confinamento o máis levadío posible e todo o noso ánimo para superar esta fochanca e podámonos ver canto antes encima das nosas bicis”, conclúe o comunicado.

Anuncios