Na mañá do día de onte, axentes do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra procederon á investigación penal dun veciño de Poio (Pontevedra), de 71 anos, por un suposto delito de desobediencia grave á autoridade.
As actuacións comezaron o pasado día 10 de abril, cando unha patrulla do Destacamento de Tráfico de Pontevedra identificou ao implicado circulando á altura do quilómetro 18,500 da PO-531, termo municipal de Vilagarcía de Arousa, sen acreditar os motivos do seu desprazamento segundo excepcións autorizadas polo Real Decreto de declaración do estado de alarma.
Con posterioridade, ao tramitar a denuncia ás autoridades competentes, os axentes puideron comprobar que o mesmo condutor fora denunciado por distintas unidades do Corpo tras quebrantar as normas de confinamento. En total puidéronse documentar seis infraccións cometidas en distintos lugares da provincia de Pontevedra.
Efectivos do Grupo de Información e Análise de Tráfico do Subsector de Pontevedra (GIAT), instruíron as oportunas dilixencias que foron remitidas telemáticamente ao Xulgado de Garda de Vilagarcía de Arousa.

