A Garda Civil auxilia a unha persoa sen fogar detectada nun control de mobilidade do Covid-19

O pasado luns, ás 19:20 horas, nun control para a verificación do cumprimento das medidas adoptadas pola declaración do estado de alarma establecido no quilómetro 116,000 da N-550, termo municipal de Pontevedra, unha patrulla do Subsector de Tráfico da Garda Civil identificou a un peón que deambulaba pola zona arrastrando un carro de compra con diversos obxectos persoais.

Os axentes indagaron sobre a situación do home e o motivo do seu desprazamento. O viandante informou os Gardas Civís de que polas súas circunstancias persoais non tiña un lugar onde pasar o confinamento, solicitando a continuación a súa axuda.

A Garda Civil realizou xestións con distintos organismos públicos para buscar un aloxamento a esta persoa, de 69 anos de idade e natural de Salamanca. Finalmente foi trasladado por voluntarios de Protección Civil ao albergue provisional instalado no Multiusos da Xunqueira, en Pontevedra.

Nesta situación de crise sanitaria, a Garda Civil trata de velar pola seguridade das persoas de maior idade e que se poden atopar en situación de vulnerabilidade intensificando a aplicación do seu “Plan Maior de Seguridade”.