Sandra Valverde Goce, gañadora da campaña “A morriña non ten brazos pero aperta o corazón” en Baiona

O Centro Comercial Aberto Baiona Real, en colaboración coa Asociación Galega de Xerentes de Centros Comerciais Abertos e Zonas Comerciais Urbanas, puxo en marcha a campaña “A morriña non ten brazos pero aperta o corazón”, na que un total de 27 centros comerciais abertos da nosa comunidade autónoma, e de forma conxunta, pretenderon premiar a fidelidade dos seus clientes e recordarlles que o comercio local de Baiona e Galicia está sempre ao seu carón, coma en momentos tan difíciles para todos como o que estamos vivindo con motivo do COVID-19.

A participación na campaña foi moi sinxela, xa que os e as interesadas só tiñan que facer un comentario indicando que era o que máis botaban de menos do comercio de proximidade, no post do concurso dentro do facebook da Asociación Galega de Xerencia, e compartir dita campaña. Desta maneira os e as participantes entraron no sorteo de 27 vales de compra por valor de 50 euros (1.350 euros en total), que se poderán gastar nos establecementos asociados unha vez finalice o confinamento por motivo do COVID-19 e volvamos á normalidade.

Unha vez finalizado o prazo para poder participar, as xerencias dos Centros Comerciais Abertos están moi satisfeitas cos resultados da campaña, xa que tivo un alcance de 40.000 persoas. No caso de Baiona, os comentarios representaron un 10% do total no concurso. Neste caso, Sandra Valverde Goce, coa seguinte publicación: “Echo de menos tantas cosas… ir a Corchete a por hilos, botones, ir a Vernet a por cuentos pa las peques, tomarme algo en la de Vir con los colegas, ir a cotillear lo q tiene Tu Stylo, la juguetería… echo de menos todo de Baiona”, foi a gañadora tras o sorteo efectuado onte e despois de comprobar que cumpría os requisitos do concurso.

Pese ao confinamento ao que se ven sometidos os xerentes de ditos CCAS, seguen prestando os seus servizos ao comercio local atendendo dúbidas e informando aos seus asociados en todo momento. Ao mesmo tempo intercambian informacións e ideas entre eles, e froito das mesmas xurdiu esta primeira campaña conxunta.

2020-04-14 - premios