Este luns repartiranse máscaras hixiénicas nos tres concellos do Val Miñor

Mañá luns, no marco do operativo conxunto de Garda Civil, Policía Local e Protección Civil, fixaranse catro puntos de entrega de máscaras hixiénicas, proporcionadas pola Subdelegación do Goberno, como medida de seguridade no retorno laboral dunha parte dos servizos non esenciais. Estas máscaras serán entregadas aos traballadores que teñan que regresar aos seus postos de traballo e utilicen transporte público ou non poidan manter a distancia de seguridade nos seus desprazamentos.

Os puntos de entrega no Val Miñor serán:
1. Porto de Baiona (zona da Lonxa).
2. Entrada ao polígono de Porto do Molle (Nigrán).
3. Polígono da Pasaxe (Vincios, Gondomar).
4. Estación de autobuses de Gondomar.

O horario no que se repartirá no Val Miñor será de 7:15 a 11:00 da mañá.