Gondomar intensifica a desinfección dos exteriores da residencia “Vila do Conde”

O Concello de Gondomar vén de intensificar a desinfección dos exteriores do Centro Residencial “Vila do Conde” situado na parroquia de Vilaza. Trátase da segunda vez que se realizan estes traballos, á espera de que en breve o faga o exército (Brilat) dunha maneira máis exhaustiva e intensiva para evitar posibles contaxios e previr a propagación do coronavirus Covid-19. “É necesario non confiarnos e traballar todas as institucións xuntas para sumar esforzos”, destacou o alcalde, Paco Ferreira.