Chegan a España máis dun millón de máscaras para traballadores do transporte público

Dous envíos máis, cunha carga total de máis dun millón de máscaras de protección adquiridas de forma centralizada polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma), a través de Portos do Estado, chegan hoxe por vía aérea ao Aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas. O primeiro deles arribou xa esta mañá.

Estas máscaras de protección do tipo FFP2 serán distribuídas entre traballadores do Grupo Mitma (ADIF e ADIF-Alta Velocidade, Renfe-Operadora, ENAIRE, AENA, Portos do Estado, Sasemar, etc.), de Correos e de compañías de transporte marítimo, portuario e aéreo, así como a comunidades autónomas, estas últimas para a súa entrega a traballadores de transporte público terrestre de competencia autonómica e local.

A adquisición destes envíos realizouse polo procedemento de emerxencia, conforme ao disposto no artigo 16 da Real Decreto-lei 7/2020, do 12 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes para responder o impacto económico do COVID-19, ao amparo do previsto no artigo 120 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.

No ámbito terrestre, Mitma xa entregou ao redor de 450.000 máscaras, case a metade dun primeiro lote recibido días atrás, a uns 47.000 transportistas de toda España.

Anuncios