
A coñecida familia Barreiro, descendentes de Héctor Barreiro e Juana López, realizou unha montaxe coa canción “Quédate en tu casa”, o himno oficial do #YoMeQuedoenCasaFestival, un tema creado entre entre La Pegatina, Alba Reig (Sweet California), Álvaro Soler, Andrés (DVicio), Arnau Griso, Bely Basarte, Carlos Sadness, Dani Fernández, David Otero, Funambulista, Ivan T. (Efecto Pasillo), María Peláe, Mr. Kilombo, Rayden, Roi Mendez, Sofía Ellar e Tato Latorre. No vídeo participan as fillas, netos e bisnetos de Héctor e Juanita. A pesar dos quilómetros que os separan (Baiona, Vigo, A Coruña, Santiago, Viveiro, Zaragoza, Edimburgo) a familia segue máis unida que nunca.
Héctor Barreiro Troncoso foi o último cronista oficial de Baiona. Dedicou a súa vida á investigación histórica e sociolóxica da mesma. O seu libro “Bayona de Galicia. Pasado y presente de la real villa histórica, turística e marinera”, viu a luz en xaneiro de 2013, dezasete anos despois do falecemento do seu autor, editado pola Deputación de Pontevedra. Ademais de Héctor Barreiro son coñecidos de Baiona o farmacéutico José Barreiro Álvarez, cuxa farmacia se atopaba situada na Avenida de Ramón y Cajal, e Manuel Barreiro Álvarez, pioneiro da aviación militar, primeiro aviador ao que se lle concedeu a máis alta condecoración, “La Laureada de San Fernando”, en 1913. En 2013 foi nomeado “Fillo Predilecto da Vila de Baiona”.
🎥 VIDEO: A familia Barreiro versiona o tema “Quédate en tu casa”.
Publicado por Valmiñortv.com – O diario dixital de Baiona, Gondomar e Nigrán en Viernes, 10 de abril de 2020