A Delegación da Xunta en Vigo pon a disposición dos concellos dúas unidades de desinfección de vehículos

A Delegación Territorial de Vigo vén de por en funcionamento dúas unidades de desinfección de vehículos por ozono, dentro das medidas adoptadas polo Goberno galego para loitar contra o coronavirus.

Este equipamento que comezou a funcionar esta mesma mañá prestará servizo aos coches da Administración e Policía autonómica, así como os de Protección Civil e Policía Local dos concellos da área territorial de Vigo.