Os fortes refachos de vento arrincan parte do tellado do IES Primeiro de Marzo

Os fortes refachos de vento rexistrados na mañá deste venres, provocadas pola borrasca “Helena”, arrincaron parte do tellado do IES Primeiro de Marzo de Baiona. A pesar de todo, a xornada transcorreu con normalidade. Os alumnos abandonaron o recinto de maneira graduada pouco antes da súa hora habitual, protexidos pola Policía Local, a Garda Civil e o GES do Val Miñor. Segundo sinalaron desde a ANPA, presuponse que o luns se retomarán as clases sen maior problema.