Cancelada a VI edición do Tríatlon Atlántico de Baiona

Desde a organización do Tríatlon Atlántico informan que decidiron suspender a VI edición da proba, cuxa celebración estaba prevista en Baiona para o día 31 de maio de 2020. “Debido á situación do estado de alarma na que nos atopamos e a incerteza da súa finalización, estimamos que esta é a mellor opción, renunciando así a recolocar a proba en calquera outra data deste ano 2020, co fin de non colapsar o calendario”, sinalan nun comunicado oficial.

“Se se dan as circunstancias adecuadas, a nosa intención é preparar a VI edición para o ano 2021, manexando como data probable o 6 de xuño (primeiro domingo de xuño). Sentimos moito ter que tomar esta decisión, pero parécenos o máis oportuno, tendo en conta a situación actual”, conclúen.