Un positivo por Covid-19 nunha residencia de maiores de Nigrán

Segundo informa a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, un usuario da Residencia Bella Vista Care, situada na parroquia nigranesa de Priegue, deu positivo en coronavirus Covid-19. Os datos actualizados este venres a última hora da noite arroxan un total de 554 maiores usuarios de residencias e 194 traballadores contaxiados en Galicia. No día de onte rexistráronse cinco novos falecementos en centros residenciais: unha persoa na residencia Remanso Claudina Somoza (A Coruña), dúas persoas na Nosa Señora da Esperanza (Ourense) e dúas persoas en DomusVi Barreiro (Vigo).