Anuncios
Ticker de novas

Víctor Santos será o novo adestrador do Gondomar CF

Tras a marcha de César Sánchez, Víctor Santos será o novo adestrador do Gondomar CF. De 47 anos, está afincado en Vigo e procede do CD Boiro, ao que dirixiu a pasada campaña en Terceira División. Nesa categoría tamén levou ao Negreira, e na Prefetente ten experiencia en equipos como o Estudiantil ou Santiago. Ten moito traballo pasado en base, en categorías autonómicas e nacionais, como a División de Honra Xuvenil.

Asume o cambio de categoría e afronta o reto “tras charlar con Manu Cerón, avaliar proxecto e instalacións, e a forma na que se queren facer as cousas”. En canto á idea de traballo e o persoal, asegura que “tiven a oportunidade de falar con César e despois de ver como están saíndo as cousas, creo que atoparei un persoal con gañas de gañar xa por primeira vez. Polo que me explicou César o equipo traballa ben e o corpo técnico traballou ben; a miña forma de traballar non será moi diferente, e si, quero ter o balón.” Sobre a afección afirmou que “traballaremos para que chegue a primeira vitoria canto antes, e mellor antes que despois”.

Anuncios