Gondomar pon ao dispor dos veciños a impresora do concello

O Concello de Gondomar poñerá en marcha un servizo de apoio a escolares do municipio. A medida, que será extensible aos veciños e veciñas do concello, poñerá á súa disposición un sistema para imprimir os traballos, apuntamentos ou documentos que precisen e aos que non teñen acceso por dispoñer dos medios necesarios nas súas vivendas.

Desta forma habilitarase unha dirección de correo electrónico (alcaldia@concellodegondomar.com) á que se poderán dirixir aqueles mozos/as que necesiten imprimir os seus traballos, apuntamentos ou deberes que posteriormente se lles fará chegar aos seus domicilios, sempre respectando todas as medidas de seguridade sanitarias establecidas.

Esa mesma dirección poñerase ao dispor de veciños/as que nas súas vivendas carezan dos medios precisos para imprimir nestes momentos e necesiten os documentos ou material concretos para desenvolver trámites inaprazables ou que resulten fundamentais no desenvolvemento da súa actividade diaria.

Os interesados deberán remitir a documentación que queren que se lles imprima ao correo alcaldia@concellodegondomar.com indicando o seu nome e apelidos, dirección e un teléfono de contacto para que unha vez estea impresa e preparada fágaselles chegar ata os seus domicilios no menor prazo de tempo posible.

Anuncios