Gondomar impartirá as súas actividades deportivas municipais de maneira on line

O Concello de Gondomar impartirá as súas actividades deportivas municipais de maneira on line a todos os seus usuarios desde o vindeiro luns. “Desta maneira pretendemos fomentar a actividade física no confinamento, así como adquirir coñecementos teóricos e titoriais da actividade na que o usuario estea apuntado e a través dunha ligazón que lle será enviada polo seu preparador físico”, anunciou o alcalde, Paco Ferreira.