Clubs, asociacións, políticos e comunidade educativa de Baiona piden “Queda na casa”

Clubs deportivos, asociacións culturais e sociais, comunidade educativa, empresarios, políticos locais… toda Baiona unida únese para pedir “Queda na casa”. A Escola de Danza Vila de Baiona, o Grupo de Gaitas “A Seneira”, o Baíña FS, o Club Ximnasia Rítmica As Estelas, o Erizana, a Escola de Running Baiona, o Centro Cultural de Baíña, Encaixamos, o CPI Cova Terreña, os CEIP de Fontes-Baíña e Belesar, a Unidade Pastoral de Baíña, Baredo e Belesar, Aceba, Miriam Costas, Iago Pereira, Carlos Gómez, Carlos de la Peña, Javi López ou Omar Rodríguez dan ánimo aos veciños e veciñas da vila cunha mensaxe de esperanza de cara ao futuro.

Anuncios